Ibuprofeno Teatro

Ibuprofeno Teatro

Santiago Cortegoso e Marián Bañobre fundamos en 2010 Ibuprofeno Teatro para sacar adiante proxectos de xeito independente. Despois de catro espectáculos de pequeno formato ('A filla de Woody Allen', 'Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios', 'Fitness' e 'O Furancho'), en 2016 demos o salto asumindo producións de maior envergadura con ‘Raclette’ (Premio Teatro Autor Exprés e Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais), que foi finalista á mellor autoría e dirección nos Premios Max.

Buscamos unha linguaxe persoal para falar dos temas clave que afectan ao ser humano contemporáneo. Perseguimos o rigor na dramaturxia e integramos a escrita dramática no proceso de creación e posta en escena. Os nosos personaxes buscan a súa identidade nun contexto global e complexo que non poden controlar, o que os leva a situacións absurdas cargadas dun humor ácedo e sarcástico. 

Participamos en mostras e festivais como a de Autores Contemporáneos de Alicante, Feira de Ciudad Rodrigo, Umore Azoka de Leioa, Festival de MIM de Sueca, Certame de Teatro Garnacha de Haro, etc. Ademais da produción de obras teatrais organizamos actividades de promoción cultural e impartimos obradoiros de creación escénica, clown e escrita dramática. 

PREMIOS RECIBIDOS:

Finalista Mejor Autoría y Mejor Dirección de escena XX Premios Max, por Raclette

• Premio Teatro Autor Exprés 2016, por Raclette

• Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrales 2014, por Raclette

• Mejor Espectáculo de Sala en la 19ª edición de la Feria de Teatro Castilla y León –Ciudad Rodrigo, por Raclette

• Mención Especial del Jurado en el XIX Certamen de Teatro Garnacha de Haro, por Raclette

• Premio “Coiro de Pita” da Sala Ingrávida (O Porriño) ao Mejor espectáculo programado na temporada 2015-2016, por A filla de Woody Allen.

• Premio María Casares 2016 ao Mellor Vestiario por O Furancho.

• Finalista nos Premio María Casares 2016 a Mellor Autor por O Furancho.

• Premios María Casares 2013 a Mellor Actriz e Mellor Autor por Pequenos Actos Pseu-dorrevolucionarios.

• Finalista nos Premios max 2011 a Mellor Autor Galego por A filla de Woody Allen.

• Premio Fetega (Festival do Carballiño) a Mellor espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco) por O Furancho.

Información relacionada: