O MEL NON CADUCA NO ROSAL
Auditorio Municipal (función escolar) | Luns, 05 Xuño 2023 10:00
Continuar lendoAuditorio Municipal (función escolar) | Luns, 05 Xuño 2023 10:00
Continuar lendoCasa da Cultura | Sábado, 20 Mai 2023 20:30
Continuar lendoCasa da Cultura | Sábado, 13 Mai 2023 20:30
Continuar lendoCasa da Cultura Ramón Martínez López | Venres, 12 Mai 2023 20:00
Continuar lendoSala Ártika | Sábado, 22 Abril 2023 20:00 | Domingo, 23 Abril 2023 20:00
Continuar lendoCentro Cultural Fernando Casais e Novoa de Sigüeiro | Venres, 14 Abril 2023 20:30
Continuar lendoO espectáculo 'Smoke on the water' é finalista en seis categorías dos XXVII Premios de Teatro María Casares: Josito Porto como mellor actor protagonista, Belén Constenla como mellor actriz protagonista, Adrián Ríos como mellor actor secundario, Pablo Giráldez 'O Pastor' como mellor espazo escénico, Mon Orencio como mellor espazo sonoro e Baia Fernández na categoría de mellor maquillaxe.
Lecturas no CCAI é unha iniciativa que xorde do encontro, dentro do marco do programa Cruzamentos 2021 de Camiño Escena Norte, entre as compañías asturianas Saltantes Teatro e Luz de Gas Teatro e a compañía galega Ibuprofeno Teatro.
A función de 'Smoke on the water' en Culleredo, prevista inicialmente para o venres 23 de setembro, cambia de data. A montaxe poderá verse o xoves 29 de setembro ás 20:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples. As entradas poden reservarse chamando ao 981 665 597.
'Smoke on the water' (Premio MOME Varela Buxán 2013) é unha comedia sórdida con música en directo e co rock and roll como telón de fondo, que presenta temas como o fracaso, a dependencia, o vandalismo ou a ferocidde do capitalismo cos individuos marxinais do sistema.
Durante os meses de verán a montaxe 'Smoke on the water' poderá verse no festival Noites Teatrais de Vilamarín e na Mostra de Teatro Galego de Cariño. A función de Vilamarín será o venres 15 de xullo ás 21:30 horas no Auditorio Municipal e a función de Cariño o mércores 17 de agosto ás 22:15 horas no Auditorio Municipal.
Ibuprofeno Teatro participará no Galicia Escena Pro coa montaxe 'Smoke on the water'. A función será o xoves 9 de xuño ás 20 horas no Salón Teatro de Compostela e con ela pecharase a décima edición do mercado galego de artes escénicas que organizan a asociación Escena Galega e a Xunta de Galicia a través da Agadic (axencia galega das industrias culturais).
Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, fundadores e integrantes de Ibuprofeno Teatro, son candidatos á mellor dirección na XXV edición dos Premios Max por 'O charco de Ulises', espectáculo producido polo CDG.
A montaxe do Centro Dramático Galego é candidata tamén nas categorías de mellor espectáculo de teatro, mellor adaptación ou versión de obra teatral (Santiago Cortegoso) e mellor deseño de iluminación (Salvador del Río). Para estas candidaturas seleccionáronse 179 espectáculos dos 449 que se inscribiron. Nunha segunda fase seleccionaranse os espectáculos finalistas que participarán na entrega dos galardóns.
'O charco de Ulises' é unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto atlántico. Do mar ao océano. De Itaca a Galicia. De Troia a Bos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.
[Imaxe de Baía Fernández]