A proposta escénica de 'O mel non caduca' xérase a partir a colmeas e outro material de apicultura que en boa parte foi cedido por produtores locais. Na escena da imaxe o personaxe de Avelino desfai un cadro usado (con cera) nunha escena que fala da forza do natural e de que antes ou despois a natureza acabará abríndose paso e ocupando o lugar que lle corresponde.
Estes cadros son de verdade, non é un truco, non é plástico, de feito conservámolos en frío para que non se deterioren. Queremos agradecer a Apigal a súa colaboración co espectáculo ao cedernos de xeito desinteresado este material (que xa antes nos facilitaron O mel de Manuela , Apiyago e o propio Avelino González que ademais de actor é apicultor). Apigal é unha empresa que traballa dende o rural de Porto do Son e produce de xeito natural mel, xelea real, polen e outros produtos apícolas. Tedes máis información nas súas redes sociais e na súa web: apigal.com
Detrás dese cadro están estes pequenos produtores que co seu facer contribúen a recuperar os ciclos naturais e a paliar o impacto negativo do consumismo. Non podemos estar máis orgullosos da súa colaboración e do seu apoio. Grazas!!
Continuar lendo
Venres, 20 Novembro 2020
Noticias
Debido ás medidas que se están levando a cabo para frear a propagación do covid-19 quedan aprazadas as funcións de 'O mel non caduca' do 13 de marzo en Boiro, 14 de marzo no Festival Miguel Torga de Mondim de Basto (Portugal) e 20 de marzo en Vigo. Aprázase tamén a función de 'Casa O'Rei' dentro da Mostra de Teatro Clásico de Lugo prevista para o 19 de marzo.
Iremos anunciando as datas de reubicación destas funcións a través da nosa web e das nosas redes sociais.
Continuar lendo
Venres, 13 Marzo 2020
Noticias
O venres 31 de xaneiro e sábado 1 de febreiro no Teatro Principal de Compostela
Despois da pre-estrea o venres 24 de xaneiro no Auditorio Municipal de Catoira (20:00 horas) o vindeiro venres 31 de xaneiro e sábado 1 de febreiro (20:30 h) estreamos 'O mel non caduca' no Teatro Principal de Compostela.
'O mel non caduca' é un espectáculo arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e da degradación do planeta por mor da perversa lóxica capitalista. É unha obra para emocionar e concienciar e tamén para rir e emocionar, 'hai moita ironía e moito humor no espectáculo, un humor reflexivo e crítico, por veces surrealistas e moi relacionado co universo do clown. Rímonos principalmente de nós mesmos e cuestionámonos como puidemos, como sociedade, ter chegado até aquí', afirma Cortegoso.
Continuar lendo
Venres, 24 Xaneiro 2020
Noticias
Do 22 ao 24 de xullo Marián Bañobre e Santiago Cortegoso impartirán un Obradoiro de Creación Escénica na MIT de Ribadavia, organizado pola propia mostra e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
A meta do obradoiro é amosar e reproducir a pequena escala o método de creación da compañía. A dinámica consiste nun proceso de investigación e descubrimento a partir dun tema e dun espazo concreto. Esta forma de traballar parte da premisa de que os actores e actrices son os auténticos creadores.
A inscrición está aberta ata o vindeiro 8 de xullo. Toda a información AQUÍ
Continuar lendo
Luns, 01 Xullo 2019
Noticias
Onte déronse a coñecer os espectáculos finalistas nos XXIII Premios de Teatro María Casares e Casa O'Rei está seleccionado en catro categorías: actor principal (Miguel Borines), actriz secundaria (Marián Bañobre), texto orixinal (Santiago Cortegoso) e música orixinal (Alonso Caxade).
Doce son os espectáculos que competirán nas distintas categorías desta edición, os gañadores daranse a coñecer nunha gala que se celebrará no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Podedes ver a listaxe completa dos finalistas AQUI
Continuar lendo
Venres, 22 Febreiro 2019
Noticias
Recentemente déronse a coñecer os candidatos da 22ª edición dos Premios Max e Casa O'Rei foi seleccionado en cinco categorías: espectáculo teatral, adaptación e dirección de escena para Santiago Cortegoso, deseño de espazo escénico para Pablo Giráldez 'Pastor' e actor protagonista para Miguel Borines.
Despois desta primeira fase un tribunal, formado polos tres presidentes dos xurados territoriais, catro persoeiros das artes escénicas e un membro do comité organizador, será o encargado de decidir os finalistas desta edición.
Ábrese tamén o prazo para votar o Mellor Espectáculo do Público, pode facerse a través da web dos Premios Max. Pincha AQUÍ para votar.
Pincha AQUÍ para consultar o listado completo de candidatos
Continuar lendo
Xoves, 14 Febreiro 2019
Noticias
A obra ‘Casa O’Rei’ recibiu o pasado sábado 15 de decembro o Premio á Mellor Montaxe (escenografía, vestiario, luz e espazo escénico) no Certame de Teatro Garnacha de Rioja Haro 2018. O espectáculo gañador desta edición foi ‘Duelo a muerte del Marqués de Pickman’ de Fundición Producciones, mentres que ‘El Bodorrio’ de Hika Teatroa fíxose co segundo premio.
Podes consultar a lista completa de gañadores aquí.
Continuar lendo
Martes, 18 Decembro 2018
Noticias
Xa temos preparado o merchandising de 'Casa O'Rei', montaxe que estrearemos o vindeiro venres 2 de marzo no Auditorio Municipal de Vigo: Camisetas, bolsas, delantais e chapas. Por suposto tamén teremos dispoñible o texto da obra editado por Rinoceronte.
Poderase adquirir en todas as funcións da xira, que podedes ver aquí, ou poñéndose en contacto con nós a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou do noso facebook @IbuprofenoTeatro
Continuar lendo
Venres, 23 Febreiro 2018
Noticias
O vindeiro 2 de marzo estreamos no Auditorio Municipal de Vigo 'Casa O'Rei'. A montaxe permanecerá na cidade olívica un día máis antes de visitar outras dez localidades na súa xira de presentación que remata o 26 de maio no Auditorio Municipal de Vilagarcía. Namentres tamén se poderá ver no Milladoiro, Ourense, Carballo, Santiago, Oleiros, Cangas, Pontevedra, Arteixo e Noia.
Continuar lendo
Xoves, 08 Febreiro 2018
Noticias
e feliz 2018
| Xoves, 21 Decembro 2017 00:00
Dende Ibuprofeno Teatro queremos desexarche boas festas e o mellor para o 2018
Continuar lendo
Xoves, 21 Decembro 2017
Noticias
O pasado sábado 2 de decembro tivo lugar a primeira lectura do noso próximo espectáculo, 'Casa O'Rei' cos actores da montaxe. Un encontro para crear equipo e iniciar este proceso de traballo que culminará o 2 de marzo coa estrea en Vigo do espectáculo.
'Casa O'Rei' é un xogo escénico a partir de 'O Rei Lear' de Shakespeare interpretado por Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Victor Mosqueira e Xosé Manuel Esperante baixo a dirección de Santiago Cortegoso. Con este espectáculo pechamos a nosa triloxía gastronómica -despois de 'O Furancho' e 'Raclette'-, e que mellor xeito de meternos en situación que facer a lectura nunha casa de xantar e comentar despois as nosas impresións e inquedanzas acompañados dun suculento cocido.
Continuar lendo
Mércores, 06 Decembro 2017
Noticias
XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
Nesta edición Santiago Cortegoso será o encargado de dirixir a gravación das obras finalistas do concurso de Teatro Radiofónico do Diario Cultural. Santiago Cortegoso xunto a Marián Bañobre foi finalista deste premio en tres ocasións, acadando o recoñecemento do público pola súa peza "Intercom Baby" no ano 2012.
Continuar lendo
Mércores, 27 Setembro 2017
Noticias
Xira de Setembro a Decembro 2017
O noso espectáculo RACLETTE é un dos selecionados para participar no "Circuito de la Red de Teatros Alternativos".
Realizaremos 15 funcións en 5 comunidades autónomas diferentes á nosa nos próximos catro meses.
Unha xira subvencionada polo INAEM e impulsada pola "Red de Teatros Alternativos" que pretende dar proxección a espectáculos contemporáneos de interese e favorecer a súa mobilidade por todo o estado.
Continuar lendo
Xoves, 31 Agosto 2017
Noticias
Novo espectáculo de Ibuprofeno no Pitching
| Xoves, 15 Xuño 2017 00:00
Continuar lendo
Xoves, 08 Xuño 2017
Noticias
Finalista da Gala do Libro Galego
| Sábado, 20 Mai 2017 19:30
A publicación das obras de Ibuprofeno Teatro; " A Filla de Woody Allen, Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios e O Furancho", editadas por Morgante, é finalista na Gala do Libro Galego que se celebrará o vindeiro sábado día 20 de Maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Santiago Cortegoso xa fora finalista na pasada edición destes premios pola publicación de Xeráis da súa obra " RACLETTE".
Toda a información sobre esta gala e os finalistas no link da web que aparece a continuación.
Continuar lendo
Martes, 09 Mai 2017
Noticias