'Smoke on the water' finalista en 6 categorías dos XXVII Premios de Teatro María Casares

'Smoke on the water' finalista en 6 categorías dos XXVII Premios de Teatro María Casares

O espectáculo 'Smoke on the water' é finalista en seis categorías dos XXVII Premios de Teatro María Casares: Josito Porto como mellor actor protagonista, Belén Constenla como mellor actriz protagonista, Adrián Ríos como mellor actor secundario, Pablo Giráldez 'O Pastor' como mellor espazo escénico, Mon Orencio como mellor espazo sonoro e Baia Fernández na categoría de mellor maquillaxe.

Continuar lendo

A función de 'Smoke on the water' en Culleredo cambia de data

A función de 'Smoke on the water' en Culleredo cambia de data

A función de 'Smoke on the water' en Culleredo, prevista inicialmente para o venres 23 de setembro, cambia de data. A montaxe poderá verse o xoves 29 de setembro ás 20:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples. As entradas poden reservarse chamando ao 981 665 597.

'Smoke on the water' (Premio MOME Varela Buxán 2013) é unha comedia sórdida con música en directo e co rock and roll como telón de fondo, que presenta temas como o fracaso, a dependencia, o vandalismo ou a ferocidde do capitalismo cos individuos marxinais do sistema.

Continuar lendo

Obradoiro de creación escénica en Cariño

Obradoiro de creación escénica en Cariño
Continuar lendo

'Smoke on the water' nos festivais de Vilamarín e Cariño

'Smoke on the water' nos festivais de Vilamarín e Cariño

Durante os meses de verán a montaxe 'Smoke on the water' poderá verse no festival Noites Teatrais de Vilamarín e na Mostra de Teatro Galego de Cariño. A función de Vilamarín será o venres 15 de xullo ás 21:30 horas no Auditorio Municipal e a función de Cariño o mércores 17 de agosto ás 22:15 horas no Auditorio Municipal.

 

Continuar lendo

SMOKE ON THE WATER NO GALICIA ESCENA PRO

SMOKE ON THE WATER NO GALICIA ESCENA PRO

Ibuprofeno Teatro participará no Galicia Escena Pro coa montaxe 'Smoke on the water'. A función será o xoves 9 de xuño ás 20 horas no Salón Teatro de Compostela e con ela pecharase a décima edición do mercado galego de artes escénicas que organizan a asociación Escena Galega e a Xunta de Galicia a través da Agadic (axencia galega das industrias culturais).

Continuar lendo

Marián Bañobre e Santiago Cortegoso candidatos á mellor dirección nos XXV Premios Max por 'O charco de Ulises' do CDG

Marián Bañobre e Santiago Cortegoso candidatos á mellor dirección nos XXV Premios Max por 'O charco de Ulises' do CDG

Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, fundadores e integrantes de Ibuprofeno Teatro, son candidatos á mellor dirección na XXV edición dos Premios Max por 'O charco de Ulises', espectáculo producido polo CDG. 

A montaxe do Centro Dramático Galego é candidata tamén nas categorías de mellor espectáculo de teatro, mellor adaptación ou versión de obra teatral (Santiago Cortegoso) e mellor deseño de iluminación (Salvador del Río). Para estas candidaturas seleccionáronse 179 espectáculos dos 449 que se inscribiron. Nunha segunda fase seleccionaranse os espectáculos finalistas que participarán na entrega dos galardóns. 

'O charco de Ulises' é unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto atlántico. Do mar ao océano. De Itaca a Galicia. De Troia a Bos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.

 

[Imaxe de Baía Fernández]

Continuar lendo

ESTREAMOS 'SMOKE ON THE WATER'

ESTREAMOS 'SMOKE ON THE WATER'

Os vindeiros 11 (20:30 horas) e 12 (20:00 horas) de febreiro estreamos 'Smoke on the water' no Pazo da Cultura de Narón, despois dunha pre-estrea no Teatro Principal da Estrada (o 4 e 5 de febreiro), espazo no que a compañía estivo en residencia durante o período de ensaios. Esta nova montaxe, que toma o seu título do mítico tema da banda inglesa Deep Purple, é unha traxicomedia sórdida con música en directo ambientada no universo do rock dos 70.

Continuar lendo

Comezamos os ensaios de 'Smoke on the water'

Comezamos os ensaios de 'Smoke on the water'

Estamos xa inmersos nos ensaios da nosa nova montaxe 'Smoke on the water', un texto escrito e dirixido por Santiago Cortegoso e interpretado por Josito Porto (Ritchie), Belén Constenla (Janis), Adrián Rios (Alex), María Costas (Amparo e Joan Báez) e Mon Orencio (músico en directo). A montaxe prodúcese en Residencia Artística no Teatro Principal do Concello da Estrada e estrearase o 11 e o 12 de febreiro de 2022 no Pazo da Cultura de Narón

'Smoke on the water' é unha traxicomedia sórdida con música en directo que nos fala do fracaso e do inmobilismo a través de personaxes atrapados que por un ou outro motivo non son quen de cambiar e que por patéticos acaban resultando entrañables. O texto recibiu o Premio MOME Varela Buxán 2013. 

Completan o equipo artístico Carmela Bueno (axudantía de dirección e movemento escénico), Pablo Giráldez 'O Pastor' (espazo escénico), Salvador del Río (deseño de iluminación), Baia Fernández (caracterízación), Marián Bañobre (deseño de vestiario) e Diego Seixo (imaxe). 

IR Á PÁXINA DE SMOKE ON THE WATER

Continuar lendo

'O mel non caduca' na Feira de Teatro Castilla y León Ciudad Rodrigo

'O mel non caduca' na Feira de Teatro Castilla y León Ciudad Rodrigo
  • A proposta foi seleccionada xunto a outras 39 entre as 1058 candidaturas presentadas
  • A cita será o 25 de agosto no Espacio Afecir

Ibuprofeno Teatro estará presente este verán na Feira de Teatro Castilla y León Ciudad Rodrigo, que se celebrará do 24 ao 28 de agosto, coa montaxe 'O mel non caduca'. Entre as máis de mil propostas presentadas escolléronse 40 de compañías procedentes de Extremadura, Asturias, Cantabria, Galicia, Andalucía, Madrid, Comunidade Valenciana, País Vasco, Aragón, Cataluña e Portugal. De Galicia, xunto a 'O mel non caduca' de Ibuprofeno Teatro, foi seleccionado 'Premio' de La Quintana Teatro.

Na edición número 19 da Feira de Ciudad Rodrigo a compañía presentou 'Raclette', montaxe pola que recibiu unha mención especial ao Mellor Espectáculo de Sala.

 

Podes ver toda a programación AQUÍ

Continuar lendo

Ibuprofeno Teatro participará no programa Cruzamentos de Camiño Escena Norte nun proxecto conxunto coas compañías asturianas Saltantes Teatro e Luz de Gas

Ibuprofeno Teatro participará no programa Cruzamentos de Camiño Escena Norte nun proxecto conxunto coas compañías asturianas Saltantes Teatro e Luz de Gas
  • O proxecto 'Tejiendo cordura con hebras de locura' foi seleccionado dentro do espazo de residencias e intercambio entre compañías Cruzamentos do programa Camiño Escena Norte 

  • A residencia terá lugar en agosto no espazo xixonés La Laboral e explorará a escrita dramática a través dun obradoiro impartido por Santiago Cortegoso

Ibuprofeno Teatro participará no programa Cruzamentos de Camiño Escena Norte nunha proposta conxunta coas compañías asturianas Saltantes Teatro e Luz de Gas para profundar na escrita dramática. A residencia será en agosto en La Laboral Ciudad de la Cultura (Xixón) e ten como base un obradoiro impartido por Santiago Cortegoso. 

O proxecto de residencia levarase a cabo en dúas fases: unha primeira, que terá lugar en agosto, e na que Santiago Cortegoso traballará cos integrantes de Saltantes Teatro e Luz de Gas para explorar a escrita dramática a través de dinámicas prácticas. Proporanse xogos de escrita individual e grupal a partir da dicotomía locura vs cordura co obxectivo de xerar material textual para a escena. Na segunda fase, que se realizará, entre setembro e novembro Saltantes Teatro e Luz de Gas traballarán na concepción dunha lectura dramatizada a partir dos textos resultantes do traballo previo con Cortegoso.

O obxectivo do programa Cruzamentos é promover a creación, investigación e formación escénica; así como o coñecemento e a apertura de vías de intercambio e cooperación entre as compañías das catro comunidades autónomas que están dentro do Camiño Escena Norte (Asturias, Cantabria, Galicia e País Vasco).

Na edición de 2021 desenvólvense catro residencias (unha en cada comunidade autónoma). No caso de Galicia, ademais de Ibuprofeno Teatro, foron seleccionadas las compañías Licenciada Sotelo, Caramuxo Teatro e Pedras de Cartón.

Tedes toda a información dispoñible na web de CAMIÑO ESCENA NORTE

Continuar lendo

Santiago Cortegoso imparte un curso de escrita teatral no Festival USCénica

Santiago Cortegoso imparte un curso de escrita teatral no Festival USCénica

 

  • O obradoiro será na Sala Roberto Vidal Bolaño de Compostela os días 25 de xuño e 2 e 9 de xullo en horario de 10 a 14 horas
  • A matrícula é por orde de inscrición e está aberta até o venres 18 de xuño ás 13:30 horas

No obradoiro 'O vicio de estruturar o caos' Santiago Cortegoso proponnos explorar a escrita teatral a través do xogo. Xogar a que somos creadores sen límites: nin de orzamento, nin de tempo, nin de conciencia. Temos moitos folios en branco, todo un mundo do que falar e unha percepción da vida que nos individualiza. Trátase de explorar a nosa creatividade a través de como observamos o mundo, de como a través da nosa sensibilidade construímos unha visión particular do mundo porque precisamos ordenar o caos que nos rodea.

A oferta formativa do festival complétase cun curso de Dirección e Creación Escénica impartido por Tito Asorey, un curso de Iluminación impartido por Danial Pais e un Obradoiro de Performance e Creación Contemporánea impartido por Helena Salgueiro. Na páxina web do festival tedes toda a información de contidos, datas e prezos dos cursos, así como a programación e outras actividades complementarias. Podedes velo AQUÍ

Continuar lendo