Entrega do premio a mellor espectáculo de Sala na pasada Feira de Teatro de Castela León
| Domingo, 26 Marzo 2017 00:00
O pasado sábado 25 de marzo, nun acto para conmemorar o Dia Mundial do Teatro, recibimos o Premio ao Mellor Espectáculo de Sala da Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2016.
No acto celebrado no Teatro Nuevo Fernando Arrabal de Ciudad Rodrigo e despois da lectura da mensaxe redactada por Isabelle Huppert, representamos de novo Raclette.
Unha vez finalizada a representación , Santiago Cortegoso recolleu o premio entregado por representantes da Asociación de Amigos do Teatro e a Concelleira de Cultura da cidade.
Continuar lendo
Domingo, 26 Marzo 2017
Noticias
A Comisión de Teatro e Circo da Rede Española de Teatros, Auditorios, Circuitos e Festivais de titularidade pública recomenda o noso espectáculo
A Comisión de Teatro e Circo da Rede é un grupo de traballo formado por programadores de distintos espazos escénicos asociados de todo o territorio nacional.
Ten como obxectivo principal aportar ao asociado información actualizada e de interese sobre os espectáculos do momento, contribuíndo a que os espazos dispoñan dunha programación equilibrada e de calidade.
Trimestralmente edita uns cadernos de espectáculos recomendados. Raclette foi incluído no último deles, publicado este mes de marzo de 2017.
Caderno de Espectáculos Recomendados marzo 2017
Continuar lendo
Martes, 21 Marzo 2017
Noticias
4 Candidaturas
Continuar lendo
Venres, 03 Marzo 2017
Noticias
5 nomeamentos
MELLOR ESPECTÁCULO
MELLOR DIRECCIÓN
MELLOR TEXTO ORIXINAL
MELLORES ACTORES: TONI SALGADO E SALVADOR DEL RIO
Continuar lendo
Venres, 03 Marzo 2017
Noticias
Publicación das obras de Ibuprofeno Teatro
Os lectores da revista de literatura galega
Fervenzas literarias escolleron como Mellor libro de teatro do 2016 o volume que recolle A filla de Woody Allen, Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios e O Furancho, de
Santiago Cortegoso, publicado por Morgante.
Son os tres textos producidos por
Ibuprofeno Teatro que estiveron e/ou están de xira por Galicia. Moitas grazas a Fervenzas Literarias e aos lectores por ter escollido o noso libro na súa escolma dos mellores do 2016; podedes ver as outras categorías na súa
web.
O ano pasado, RACLETTE, publicado por Xerais, recibía este mesmo recoñecemento.
Continuar lendo
Mércores, 01 Febreiro 2017
Noticias
XIX CERTAME NACIONAL DE TEATRO GARNACHA DA RIOJA
| Sábado, 17 Decembro 2016 00:00
O pasado sábado 17 de decembro tiña lugar nas Bodegas Muga de Haro a Gala de entrega dos Premios Garnacha do XIX Certame de Teatro.
Ibuprofeno Teatro recibíamos alí a Mención Especial do Xurado pola nosa participación con RACLETTE no Certame.
Agradecidos e encantados do cariño e o trato recibido por esas terras na que o viño e o teatro inundan a paisaxe.
Grazas a Haro e a toda a xente do Teatro Garnacha, un pracer.
Continuar lendo
Luns, 19 Decembro 2016
Noticias
Lectura dramatizada organizada pola AAAG e dirixida por Santiago Cortegoso
| Martes, 13 Decembro 2016 21:00
Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a AAAG en colaboración coa Fundación SGAE organiza a lecturas dramatizadas de Casa O`Rei. Será o vindeiro martes 13 de decembro ás 21.00 horas na Sala Fundación SGAE de Santiago de Compostela. Intervirán na lectura os actores Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Artur Trillo e Xosé Manuel Esperante.
Continuar lendo
Luns, 12 Decembro 2016
Noticias
XIX Certamen Nacional de Teatro Garnacha de Rioja
| Xoves, 08 Decembro 2016 20:30
A próxima semana participaremos neste prestixioso certamen co noso espectáculo Raclette.
Programa completo:
Vernes 2 de decembro:, TEATRO DEL NOCTÁMBULO de Badajoz, con EDIPO REY, de Sófocles, versión de Miguel Murillo. Dirección: Denis Rafter.
Sábado 3 de decembro : SALA TRIBUEÑE TEATRO de Madrid, con ALARDE DE TONADILLA, de Hugo Pérez de la Pica. Dirección: Hugo Pérez de la Pica.
Domingo 4 de diciembre: TEATRO CORSARIO, de Valladolid, con CLÁSICOS CÓMICOS, de Francisco de Avellaneda, Calderón de la Barca, Luis Quiñones de Benavente y Juan de la Hoz y Mota. Dirección: Jesús Peña.
Mércores 7 de diciembre: SALA ATRIUM de Barcelona, con HIMMELWEG, de Juan Mayorga. Dirección: Raimon Molins.
Xoves 8 de decembro: IBUPROFENO TEATRO de Pontevedra, con RACLETTE, de Santiago Cortegoso. Dirección: Santiago Cortegoso.
Vernes 9 de diciembre: COMEDIA DE LOS ENREDOS, de Madrid, con LA COMEDIA DE LOS ENREDOS, de William Shakespeare, adaptación de Carlota Pérez-Reverte. Dirección: Alberto Castrillo-Ferrer.
Sábado 10 de diciembre: SURIPANTA TEATRO, de Badajoz, con LOS PELÓPIDAS, de Jorge Llopis, versión de Florian Recio. Dirección: Esteve Ferrer.
Continuar lendo
Martes, 29 Novembro 2016
Noticias
Ibuprofeno Teatro no XIX Certame Nacional de Teatro Garnacha de Rioja, en Haro
| Xoves, 08 Decembro 2016 20:30
O Comité de selección acaba de hacer público que RACLETTE participará na fase final do Certame Nacional de Teatro Garnacha da Rioja.
Continuar lendo
Mércores, 26 Outubro 2016
Noticias
O espectáculo de Ibuprofeno Teatro obtivo a mención especial ao Mellor Espectáculo de Sala
As persoas integrantes da Asociación “Amigos del Teatro” de Ciudad Rodrigo outorgaron cos seus votos, a través da propia páxina web da feira, as mencións aos mellores espectáculos da 19 edición da "Feria de Teatro de Castilla y León-Ciudad Rodrigo".
Continuar lendo
Luns, 29 Agosto 2016
Noticias
Espazo Afecir. Avda. Conde Foxá
| Xoves, 25 Agosto 2016 20:00
Pois si, xa é público; Estrea de RACLETTE en castelán en Ciudad Rodrigo, na FEIRA de TEATRO de CASTELA e LEÓN.
Continuar lendo
Mércores, 17 Agosto 2016
Noticias
Outorgado polo público por "A filla de Woody Allen"
A Sala Ingrávida do Porriño vén de resolver o pasado venres o premio que o seu público concede ao espectáculo que máis lle puxo o "coiro de pita" dentro da programación de toda a temporada.
Continuar lendo
Martes, 16 Agosto 2016
Noticias