"A FILLA DE WOODY ALLEN. PEQUENOS ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS. O FURANCHO" de Santiago Cortegoso

Finalista da Gala do Libro Galego | Sábado, 20 Mai 2017 19:30

A publicación das obras de Ibuprofeno Teatro; " A Filla de Woody Allen, Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios e O Furancho", editadas por Morgante, é finalista na Gala do Libro Galego que se celebrará o vindeiro sábado día 20 de Maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela. 

Santiago Cortegoso xa fora finalista na pasada edición destes premios pola publicación de Xeráis da súa obra " RACLETTE".

Toda a información sobre esta gala e os finalistas no link da web que aparece a continuación.