Avelino González recibe o Premio Dorotea Bárcena ao Mellor Actor

O noso compañeiro Avelino González vén de recibir o Premio ao Mellor Actor no Festival de Teatro Galego Celso Parada. O festival do Carballiño celebraba este ano a súa 31ª edición que pechou coa Gala de Entrega dos Premios Dorotea Bárcena.
O xurado destacou o traballo interpretativo que o actor vigués leva a cabo na montaxe 'O mel non caduca', outorgándolle o Premio Dorotea Bárcena ao Mellor Actor.
[A fotografía foi cedida polo Festival de Teatro Galego Celso Parada e realizada por Gf-studio]