Casa O`Rei nas lecturas da SGAE
Lectura dramatizada organizada pola AAAG e dirixida por Santiago Cortegoso | Martes, 13 Decembro 2016 21:00

Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a AAAG en colaboración coa Fundación SGAE organiza a lecturas dramatizadas de Casa O`Rei. Será o vindeiro martes 13 de decembro ás 21.00 horas na Sala Fundación SGAE de Santiago de Compostela. Intervirán na lectura os actores Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Artur Trillo e Xosé Manuel Esperante.
Casa O’Rei, Santiago Cortegoso
Sinopse: Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobiada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida. Casa O'Rei propón un xogo escénico a partir do "Rei Lear" de W. Shakespeare ambientado nunha típica Casa de comidas galega.