Marián Bañobre e Santiago Cortegoso candidatos á mellor dirección nos XXV Premios Max por 'O charco de Ulises' do CDG

Marián Bañobre e Santiago Cortegoso candidatos á mellor dirección nos XXV Premios Max por 'O charco de Ulises' do CDG

Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, fundadores e integrantes de Ibuprofeno Teatro, son candidatos á mellor dirección na XXV edición dos Premios Max por 'O charco de Ulises', espectáculo producido polo CDG. 

A montaxe do Centro Dramático Galego é candidata tamén nas categorías de mellor espectáculo de teatro, mellor adaptación ou versión de obra teatral (Santiago Cortegoso) e mellor deseño de iluminación (Salvador del Río). Para estas candidaturas seleccionáronse 179 espectáculos dos 449 que se inscribiron. Nunha segunda fase seleccionaranse os espectáculos finalistas que participarán na entrega dos galardóns. 

'O charco de Ulises' é unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto atlántico. Do mar ao océano. De Itaca a Galicia. De Troia a Bos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.

 

[Imaxe de Baía Fernández]