Merchandising de 'Casa O'Rei'

Xa temos preparado o merchandising de 'Casa O'Rei', montaxe que estrearemos o vindeiro venres 2 de marzo no Auditorio Municipal de Vigo: Camisetas, bolsas, delantais e chapas. Por suposto tamén teremos dispoñible o texto da obra editado por Rinoceronte.
Poderase adquirir en todas as funcións da xira, que podedes ver aquí, ou poñéndose en contacto con nós a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou do noso facebook @IbuprofenoTeatro
'Casa O'Rei' é unha montaxe escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, un xogo escénico e dramatúrxico a partir de 'O Rei Lear' de Shakespeare, só que nesta ocasión a acción transcorre nunha típica casa de comidas galega. Con este espectáculo pechamos a nosa Triloxía Gastronómica, da que tamén forman parte 'O Furancho' e 'Raclette'.