Obradoiro de creación escénica en Cariño

Obradoiro de creación escénica en Cariño
Emprenderemos un proceso de investigación e descubrimento a partir dun tema relacionado coa historia de Cariño. Propoñemos o sector da industria da conserva ou a carpintería de ribeira.

Mediante o xogo e as improvisacións individuais e colectivas, deseñadas a partir da documentación acadada en torno ao significado que ten o tema na comunidade na que se inscribe, trataremos de xerar contido escénico, non tanto para acadar un resultado óptimo para a representación, senón co obxectivo de experimentar o goce e a vertixe de crear teatro con liberdade.

Esta forma de traballar parte da premisa de que os actores e actrices son os verdadeiros creadores e creadoras. Son os e as participantes quen xeran os textos e as accións, a partir do material emotivo e imaxinativo que cada un pode achegar por si mesmo e na interacción en grupo, en relación co tema tratado.
 
+ info e inscricións en: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / 981 405 064