Mellor libro do ano 2016 nas Fervenzas Literarias
Publicación das obras de Ibuprofeno Teatro

Os lectores da revista de literatura galega Fervenzas literarias escolleron como Mellor libro de teatro do 2016 o volume que recolle A filla de Woody Allen, Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios e O Furancho, de Santiago Cortegoso, publicado por Morgante.
Son os tres textos producidos por Ibuprofeno Teatro que estiveron e/ou están de xira por Galicia. Moitas grazas a Fervenzas Literarias e aos lectores por ter escollido o noso libro na súa escolma dos mellores do 2016; podedes ver as outras categorías na súa web.
O ano pasado, RACLETTE, publicado por Xerais, recibía este mesmo recoñecemento.