RACLETTE espectáculo con R

A Comisión de Teatro e Circo da Rede Española de Teatros, Auditorios, Circuitos e Festivais de titularidade pública recomenda o noso espectáculo

RACLETTE espectáculo con R

A Comisión de Teatro e Circo da Rede é un grupo de traballo formado por programadores de distintos espazos escénicos asociados de todo o territorio nacional.
Ten como obxectivo principal aportar ao asociado información actualizada e de interese sobre os espectáculos do momento, contribuíndo a que os espazos dispoñan dunha programación equilibrada e de calidade.

Trimestralmente edita uns cadernos de espectáculos recomendados. Raclette foi incluído no último deles, publicado este mes de marzo de 2017.

Caderno de Espectáculos Recomendados marzo 2017

Relacionado

+ Información