RACLETTE Mención Especial do Xurado en Haro
XIX CERTAME NACIONAL DE TEATRO GARNACHA DA RIOJA | Sábado, 17 Decembro 2016 00:00
O pasado sábado 17 de decembro tiña lugar nas Bodegas Muga de Haro a Gala de entrega dos Premios Garnacha do XIX Certame de Teatro.
Ibuprofeno Teatro recibíamos alí a Mención Especial do Xurado pola nosa participación con RACLETTE no Certame.
Agradecidos e encantados do cariño e o trato recibido por esas terras na que o viño e o teatro inundan a paisaxe.
Grazas a Haro e a toda a xente do Teatro Garnacha, un pracer.