Santiago Cortegoso director das pezas de teatro radiofónico da Radio Galega

XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

Santiago Cortegoso director das pezas de teatro radiofónico da Radio Galega

Nesta edición Santiago Cortegoso será o encargado de dirixir a gravación das obras finalistas do concurso de Teatro Radiofónico do Diario Cultural. Santiago Cortegoso xunto a Marián Bañobre foi finalista deste premio en tres ocasións, acadando o recoñecemento do público pola súa peza "Intercom Baby" no ano 2012.