SMOKE ON THE WATER NO GALICIA ESCENA PRO

Ibuprofeno Teatro participará no Galicia Escena Pro coa montaxe 'Smoke on the water'. A función será o xoves 9 de xuño ás 20 horas no Salón Teatro de Compostela e con ela pecharase a décima edición do mercado galego de artes escénicas que organizan a asociación Escena Galega e a Xunta de Galicia a través da Agadic (axencia galega das industrias culturais).
Galicia Escena Pro terá lugar do 6 ao 9 de xuño en distintos espazos de Compostela. Nesta edición presentaranse 18 espectáculos e 12 propostas en formato pitching. Podes consultar toda a programación aquí: https://galiciaescenapro.gal/