'Smoke on the water' nos festivais de Vilamarín e Cariño

Durante os meses de verán a montaxe 'Smoke on the water' poderá verse no festival Noites Teatrais de Vilamarín e na Mostra de Teatro Galego de Cariño. A función de Vilamarín será o venres 15 de xullo ás 21:30 horas no Auditorio Municipal e a función de Cariño o mércores 17 de agosto ás 22:15 horas no Auditorio Municipal.
O festival Noites Teatrais de Vilamarín é de entrada libre. O prezo da entradas para ver Smoke on the water en Cariño é de 5 €, existe a posibilidade de adquirir un bono que dá acceso a todas as funcións da noite e ten un prezo de 20 €. Poderá adquirirse dendo o día 2 de agosto ata o mércores 10 na Oficina de Turismo da Casa do Concello (Avda da Paz, 2). Toda información en: www.mostrateatrocarino.gal