Smoke on the water pecha a XV edición do FITO Ourense

Smoke on the water pecha a XV edición do FITO Ourense
  • A función será o domingo 23 de outubro ás 19:00 horas no Teatro Principal de Ourense
  • Santiago Cortegoso dirixe e escribe o texto polo que recibiu o Premio MOME Varela Buxán 2013

Ibuprofeno Teatro pecha a presente edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense coa obra 'Smoke on the water', a función será o vindeiro domingo 23 de outubro ás 19:00 horas no Teatro Principal de Ourense. Esta nova montaxe, que toma o seu título do mítico tema da banda inglesa Deep Purple, é unha traxicomedia sórdida con música en directo ambientada no universo do rock dos 70 que, despois de xirar por boa parte da xeografía galega, estreará a súa versión en castelán no Teatro Coliseo de Eibar a finais deste mes.

LINK Á VENDA DE ENTRADAS