'Smoke on the water' nos festivais de Vilamarín e Cariño

'Smoke on the water' nos festivais de Vilamarín e Cariño

Durante os meses de verán a montaxe 'Smoke on the water' poderá verse no festival Noites Teatrais de Vilamarín e na Mostra de Teatro Galego de Cariño. A función de Vilamarín será o venres 15 de xullo ás 21:30 horas no Auditorio Municipal e a función de Cariño o mércores 17 de agosto ás 22:15 horas no Auditorio Municipal.

 

Continuar lendo

Novo proxecto: Smoke on the water

Novo proxecto: Smoke on the water

Esta mañá presentamos dentro da sección pitching do Galicia Escena Pro a que será a nosa próxima produción: 'Smoke on the water', un espectáculo para público adulto con música en directo que mestura o humor negro coa crítica social. A obra prodúcese en Residencia Artística no Teatro Principal do Concello da Estrada e estrearase o 11 e o 12 de febreiro de 2022 no Pazo da Cultura de Narón.

O texto de Santiago Cortegoso, que recibiu o Premio MOME Varela Buxán 2013 e será editado (xunto con 'O mel non caduca') por Positivas, amósanos as viciadas relacións entre personaxes cun mundo interior complexo. Josito Porto (Ritchie), Belén Constenla (Janis), Adrián Ríos (Alex) e María Costas (Amparo e Joan Báez) dan vida a este grupo de seres humanos degradados, frustrados, fracasados e perdedores que provocan tenrura e compaixón. Xunto a eles estará en escena o músico Mon Orencio (que asina tamén o espazo sonoro). Completan o equipo artístico Carmela Bueno (axudantía de dirección e movemento escénico), Pablo Giráldez 'O Pastor' (espazo escénico), Salvador del Río (deseño de iluminación), Baia Fernández (caracterízación) e Marían Bañobre no deseño de vestiario e Santiago Cortegoso na dirección.

Na sección de espectáculos en cartel da nosa web tes información dispoñible que iremos completando con imaxes, vídeos e outro material segundo vaia avanzando a produción. Ir a páxina de 'Smoke on the water'

Continuar lendo

Obradoiro de Creación Escénica en Cariño

Obradoiro de Creación Escénica en Cariño

Do 12 ao 14 de agosto Marián Bañobre e Santiago Cortegoso impartirán un Obradoiro de Creación Escénica no Auditorio Municipal de Cariño no que amosarán e reproducirán a pequena escala o proceso creativo da compañía. 

O prazo de inscrición, que se deberá realizar de xeito presencial na Casa do Concello de Cariño (Avenida da Paz, 2), estará aberto dende o vindeiro luns 29 de xullo ata o xoves 8 de agosto. A inscrición é de balde e hai dispoñibles 15 prazas para maiores de 16 anos. 

Para calquera consulta podedes dirixirvos ao Concello de Cariño a través do teléfono 981 405 064 ou do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

Continuar lendo

Compagnie du Velours estrea 'Raclette' en francés

Do 17 ao 26 de xullo no OFF de Avignon

Compagnie du Velours estrea 'Raclette' en francés

Do 17 ao 26 de xullo a compañía francesa Compagnie du Velours presenta na sección off do Festival de Avignon unha versión francesa de 'Raclette' de Santiago Cortegoso. A cita será no Théâtre le Vieux Balancier da vila francesa. 

Silvia Rodríguez Abal dirixe a peza que protagoniza xunto a Fabien Crémière, Lucie Le Bras, Adeline Messiaen e Pierre Touvet. 

+info: https://www.avignonleoff.com/programme/2019/raclette-s26681/

Continuar lendo

Obradoiro de Creación Escénica na MIT de Ribadavia

Obradoiro de Creación Escénica na MIT de Ribadavia

Do 22 ao 24 de xullo Marián Bañobre e Santiago Cortegoso impartirán un Obradoiro de Creación Escénica na MIT de Ribadavia, organizado pola propia mostra e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

A meta do obradoiro é amosar e reproducir a pequena escala o método de creación da compañía. A dinámica consiste nun proceso de investigación e descubrimento a partir dun tema e dun espazo concreto. Esta forma de traballar parte da premisa de que os actores e actrices son os auténticos creadores.

A inscrición está aberta ata o vindeiro 8 de xullo. Toda a información AQUÍ

Continuar lendo

'Casa O'Rei' participará no Certame de Teatro de Haro

A montaxe é unha das 6 escollidas de entre as 89 propostas recibidas nesta edición | Xoves, 11 Outubro 2018 00:00

'Casa O'Rei' participará no Certame de Teatro de Haro

Casa O'Rei de Ibuprofeno Teatro participará na 21ª edición do Certame de Teatro Garnacha de Rioja que se celebra na localidade de Haro do 30 de novembro ao 8 de decembro. A compañía galega xa participou coa obra 'Raclette' no mesmo certame, recibindo a Mención Especial do Xurado.

Continuar lendo