'Smoke on the water' nos festivais de Vilamarín e Cariño

'Smoke on the water' nos festivais de Vilamarín e Cariño

Durante os meses de verán a montaxe 'Smoke on the water' poderá verse no festival Noites Teatrais de Vilamarín e na Mostra de Teatro Galego de Cariño. A función de Vilamarín será o venres 15 de xullo ás 21:30 horas no Auditorio Municipal e a función de Cariño o mércores 17 de agosto ás 22:15 horas no Auditorio Municipal.

 

Continuar lendo

SMOKE ON THE WATER NO GALICIA ESCENA PRO

SMOKE ON THE WATER NO GALICIA ESCENA PRO

Ibuprofeno Teatro participará no Galicia Escena Pro coa montaxe 'Smoke on the water'. A función será o xoves 9 de xuño ás 20 horas no Salón Teatro de Compostela e con ela pecharase a décima edición do mercado galego de artes escénicas que organizan a asociación Escena Galega e a Xunta de Galicia a través da Agadic (axencia galega das industrias culturais).

Continuar lendo

Novo proxecto: Smoke on the water

Novo proxecto: Smoke on the water

Esta mañá presentamos dentro da sección pitching do Galicia Escena Pro a que será a nosa próxima produción: 'Smoke on the water', un espectáculo para público adulto con música en directo que mestura o humor negro coa crítica social. A obra prodúcese en Residencia Artística no Teatro Principal do Concello da Estrada e estrearase o 11 e o 12 de febreiro de 2022 no Pazo da Cultura de Narón.

O texto de Santiago Cortegoso, que recibiu o Premio MOME Varela Buxán 2013 e será editado (xunto con 'O mel non caduca') por Positivas, amósanos as viciadas relacións entre personaxes cun mundo interior complexo. Josito Porto (Ritchie), Belén Constenla (Janis), Adrián Ríos (Alex) e María Costas (Amparo e Joan Báez) dan vida a este grupo de seres humanos degradados, frustrados, fracasados e perdedores que provocan tenrura e compaixón. Xunto a eles estará en escena o músico Mon Orencio (que asina tamén o espazo sonoro). Completan o equipo artístico Carmela Bueno (axudantía de dirección e movemento escénico), Pablo Giráldez 'O Pastor' (espazo escénico), Salvador del Río (deseño de iluminación), Baia Fernández (caracterízación) e Marían Bañobre no deseño de vestiario e Santiago Cortegoso na dirección.

Na sección de espectáculos en cartel da nosa web tes información dispoñible que iremos completando con imaxes, vídeos e outro material segundo vaia avanzando a produción. Ir a páxina de 'Smoke on the water'

Continuar lendo