Durante os meses de verán a montaxe 'Smoke on the water' poderá verse no festival Noites Teatrais de Vilamarín e na Mostra de Teatro Galego de Cariño. A función de Vilamarín será o venres 15 de xullo ás 21:30 horas no Auditorio Municipal e a función de Cariño o mércores 17 de agosto ás 22:15 horas no Auditorio Municipal.
Continuar lendo
Xoves, 07 Xullo 2022
Noticias
Ibuprofeno Teatro participará no Galicia Escena Pro coa montaxe 'Smoke on the water'. A función será o xoves 9 de xuño ás 20 horas no Salón Teatro de Compostela e con ela pecharase a décima edición do mercado galego de artes escénicas que organizan a asociación Escena Galega e a Xunta de Galicia a través da Agadic (axencia galega das industrias culturais).
Continuar lendo
Venres, 13 Mai 2022
Noticias
Esta mañá presentamos dentro da sección pitching do Galicia Escena Pro a que será a nosa próxima produción: 'Smoke on the water', un espectáculo para público adulto con música en directo que mestura o humor negro coa crítica social. A obra prodúcese en Residencia Artística no Teatro Principal do Concello da Estrada e estrearase o 11 e o 12 de febreiro de 2022 no Pazo da Cultura de Narón.
O texto de Santiago Cortegoso, que recibiu o Premio MOME Varela Buxán 2013 e será editado (xunto con 'O mel non caduca') por Positivas, amósanos as viciadas relacións entre personaxes cun mundo interior complexo. Josito Porto (Ritchie), Belén Constenla (Janis), Adrián Ríos (Alex) e María Costas (Amparo e Joan Báez) dan vida a este grupo de seres humanos degradados, frustrados, fracasados e perdedores que provocan tenrura e compaixón. Xunto a eles estará en escena o músico Mon Orencio (que asina tamén o espazo sonoro). Completan o equipo artístico Carmela Bueno (axudantía de dirección e movemento escénico), Pablo Giráldez 'O Pastor' (espazo escénico), Salvador del Río (deseño de iluminación), Baia Fernández (caracterízación) e Marían Bañobre no deseño de vestiario e Santiago Cortegoso na dirección.
Na sección de espectáculos en cartel da nosa web tes información dispoñible que iremos completando con imaxes, vídeos e outro material segundo vaia avanzando a produción. Ir a páxina de 'Smoke on the water'
Continuar lendo
Xoves, 10 Xuño 2021
Noticias
Do 12 ao 14 de agosto Marián Bañobre e Santiago Cortegoso impartirán un Obradoiro de Creación Escénica no Auditorio Municipal de Cariño no que amosarán e reproducirán a pequena escala o proceso creativo da compañía.
O prazo de inscrición, que se deberá realizar de xeito presencial na Casa do Concello de Cariño (Avenida da Paz, 2), estará aberto dende o vindeiro luns 29 de xullo ata o xoves 8 de agosto. A inscrición é de balde e hai dispoñibles 15 prazas para maiores de 16 anos.
Para calquera consulta podedes dirixirvos ao Concello de Cariño a través do teléfono 981 405 064 ou do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Continuar lendo
Venres, 26 Xullo 2019
Noticias
Do 17 ao 26 de xullo no OFF de Avignon
Do 17 ao 26 de xullo a compañía francesa Compagnie du Velours presenta na sección off do Festival de Avignon unha versión francesa de 'Raclette' de Santiago Cortegoso. A cita será no Théâtre le Vieux Balancier da vila francesa.
Silvia Rodríguez Abal dirixe a peza que protagoniza xunto a Fabien Crémière, Lucie Le Bras, Adeline Messiaen e Pierre Touvet.
+info: https://www.avignonleoff.com/programme/2019/raclette-s26681/
Continuar lendo
Xoves, 18 Xullo 2019
Noticias
Do 22 ao 24 de xullo Marián Bañobre e Santiago Cortegoso impartirán un Obradoiro de Creación Escénica na MIT de Ribadavia, organizado pola propia mostra e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
A meta do obradoiro é amosar e reproducir a pequena escala o método de creación da compañía. A dinámica consiste nun proceso de investigación e descubrimento a partir dun tema e dun espazo concreto. Esta forma de traballar parte da premisa de que os actores e actrices son os auténticos creadores.
A inscrición está aberta ata o vindeiro 8 de xullo. Toda a información AQUÍ
Continuar lendo
Luns, 01 Xullo 2019
Noticias
A montaxe é unha das 6 escollidas de entre as 89 propostas recibidas nesta edición
| Xoves, 11 Outubro 2018 00:00
Casa O'Rei de Ibuprofeno Teatro participará na 21ª edición do Certame de Teatro Garnacha de Rioja que se celebra na localidade de Haro do 30 de novembro ao 8 de decembro. A compañía galega xa participou coa obra 'Raclette' no mesmo certame, recibindo a Mención Especial do Xurado.
Continuar lendo
Xoves, 11 Outubro 2018
Noticias
O texto de Santiago Cortegoso, que foi finalista á Mellor Autoría Teatral nos XX Premios Max e resultou gañador do Premio Álvaro Cunqueiro en 2014, pode atoparse agora en edición bilingüe castelán-galego. O selo Teatro Autor da Fundación SGAE edita a obra que distribúe UDL Libros.
Continuar lendo
Martes, 11 Setembro 2018
Noticias
Do 2 ao 6 de xullo
| Mércores, 30 Mai 2018 13:41
Dentro do programa da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas Marián Bañobre e Santiago Cortegoso imparten un Obradoiro de Creación Escénica. Terá lugar do luns 2 ao venres 6 de xullo en horario de 10 a 14 horas nas Naves de Ojea.
Continuar lendo
Mércores, 30 Mai 2018
Noticias
A cita será o 14 de xuño no Salón Teatro
Ibuprofeno Teatro participa no Galicia Escena Pro, mercado galego das artes escénicas que cada ano organiza a AGADIC en Santiago de Compostela, con 'Casa O'Rei'. Nesta sexta edición poderán verse un total de 17 espectáculos galegos e 10 proxectos en formato pitching.
Continuar lendo
Luns, 21 Mai 2018
Noticias
O vindeiro 2 de marzo estreamos no Auditorio Municipal de Vigo 'Casa O'Rei'. A montaxe permanecerá na cidade olívica un día máis antes de visitar outras dez localidades na súa xira de presentación que remata o 26 de maio no Auditorio Municipal de Vilagarcía. Namentres tamén se poderá ver no Milladoiro, Ourense, Carballo, Santiago, Oleiros, Cangas, Pontevedra, Arteixo e Noia.
Continuar lendo
Xoves, 08 Febreiro 2018
Noticias