Casa O'Rei (2018)
Con "Casa O’Rei", Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con "O furancho" e "Raclette". Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do "Rei Lear" de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.
- Categoría: Fóra de cartel, Drama, Contemporáneo, Adulto
- Autoría: Santiago Cortegoso
- Premios: Mellor Montaxe (escenografía, vestiario, luz e espazo sonoro) no Certame de Teatro Garnacha de Rioja Haro 2018, Mellor Actor Protagonista (Miguel Borines) XIII Premios de Teatro María Casares, Mellor Música Orixinal (Alonso Caxade) XIII Premios de Teatro María Casares
Sinopse
Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.
Ficha artística
- Elenco:
- Miguel Borines: Manolo Rei
- Victoria Teijeiro: Maribel
- Marián Bañobre: Rita
- Raquel Espada: Cordelia
- Víctor Mosqueira/Santiago Cortegoso: Cosque
- Xosé M. Esperante: Albino
- Deseño e realización da escenografía: Pablo Giráldez "Pastor"
- Deseño de iluminación: Salvador del Río
- Vestiario: Marián Bañobre
- Música: Alonso Caxade
- Gravada por: Tomás Ageitos no Estudio A Ponte
- Músicos: Manu Paino, Manu Espinho, Xosé Tunhas e Alonso Caxade
- Maquillaxe e peiteado: Baia Fernández
- Técnico de luz e son: Héctor Pazos
- Cobertura técnica: Ningures Produción S.L.
- Imaxe: Diego Seixo
- Vídeo: José V. Estonllo
- Axudante de dirección: Laura Campos
- Texto e dirección: Santiago Cortegoso
O noso agradecemento ao Concello de Catoira por cedernos o Auditorio Municipal para os ensaios; e ao Concello de Vigo pola Residencia Técnica no Auditorio Municipal e por acoller a estrea deste espectáculo.