DEADPAN KARAOKE (2023)
Este espectáculo xorde da necesidade de explorar a comedia e os seus límites desde unha perspectiva de xénero e abordando unha temática: a do amor nesta época tardocapitalista.
- Categoría: En cartel, Contemporáneo, Clown, Adulto
- Autoría: Patricia Rodríguez, Marián Bañobre
Sinopse
Deadpan, do inglés “cara morta, baleira de expresión, imperturbable”; Karaoke, do xaponés kara (‘baleiro’) e oke (‘orquestra’).
Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersonal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, todo enmarcado nun espazo que transite do real ao onírico cunha clara ambición plástica e que capture o carácter sublime do amor a través de momentos de gran beleza.
Deadpan é unha personaxe incapaz de sentir e de expresar emoción, o que lle outorga a autoridade e a claridade necesarias para descifrar o universo do amor a través desta catarse cómico-musical. Podemos nesta sociedade de narcisismo extremo lanzarnos ao baleiro do amor?
Ficha artística
- Actriz:Marián Bañobre
- Directora: Patricia Rodríguez
- Dramaturxia: Patricia Rodríguez e Marián Bañobre
- Asesora de dramaturxia: Laura Porto
- Axudante de dirección e coreógrafa: Carmela Bueno
- Deseño de son e composición musical: Mónica de Nut
- Deseño de iluminación e escenografía: Violeta Martínez
- Deseño de vestiario: Marián Bañobre
- Caracterización: Baia Fernández
- Profesora de canto: María Costas
- Asesora de xénero: Ana Cardoso
- Asesor lingüístico: Santiago Cortegoso
- Deseño gráfico e fotografía: Diego Seixo
- Comunicación: Fátima R. Varela
- Produción e distribución: Ibuprofeno Teatro