Fitness (2013)

FITNESS é un espectáculo itinerante no que a pallasa Marián Bañobre percorre en bicicleta os espazos públicos facendo deporte en todas as súas variedades, interaccionando e captando a atención dos transeúntes, que se verán trasladados a situacións fóra da dinámica cotiá.

Sinopse

Dende o humor e a sutileza dunha clown muda e con certo aire de misterio, ofrécese un retrato crítico de certos clichés construídos socialmente arredor do universo feminino, relacionados coa obsesión polo aspecto físico, o coidado do corpo e a saúde, detrás dos que hai emocións máis íntimas como a autoafirmación ou a soidade.

Ficha artística

  • Interpretación: Marián Bañobre
  • Creación: Santiago Cortegoso e Marián Bañobre
  • Vestiario e atrezzos: Marián Bañobre
Fitness