Obradoiros
Realizamos obradoiros teatrais orientados tanto ao ámbito profesional como a persoas que queiran facer un achegamento máis lúdico á práctica teatral.
OBXECTIVOS:
- Aumentar a creatividade, a capacidade de improvisación e a seguridade
- Cohesionar un grupo e aumentar a complicidade cos compañeiros
- Compartir experiencias e aprender cos outros
- Investigar unha temática de xeito divertido
- Afondar no coñecemento da comunidade e da identidade propia
Clown

Imparte: Marián Bañobre
Proceso de descuberta do propio clown partindo do xogo e de exercicios de improvisación individuais e colectivos a través dos que se irán introducindo técnicas e actitudes propias do clown
Escrita

Imparte: Santiago Cortegoso
Non hai un único método para ensinar a escribir. Pero neste obradoiro imos explorar as ferramentas das que podemos botar man á hora de afrontar a escrita, para chegar a construír unha identidade propia e unha liberdade para expresarnos
Creación escénica

Imparten: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso
Obradoiro para compartir unha experiencia creativa coa compañía, para comprender como se plasma na práctica a nosa liña de traballo e a concepción dos espectáculos, e emprender así un pequeno proceso co grupo participante
Obradoiros escénicos para empresas

As ferramentas teatrais poden ser de grande axuda na xestión de equipos: na mediación, xestión de conflitos, expresión en público, comunicación.
Nestes obradoiros traballamos a mellora da nosa relación cos demais a través de distintas técnicas relacionadas co clown e coa creación escénica. A través de distintos exercicios e improvisacións desenvolvemos actitudes que serán de axuda na vida profesional: a escoita, a imaxinación, a creatividade…
Podemos adaptar os obradoiros dependendo do número de horas e do número de participantes. Se estás interesado podes solicitarnos máis información: