
Ibuprofeno Teatro
En 2010 Marián Bañobre e Santiago Cortegoso fundamos Ibuprofeno Teatro co obxectivo de contar cunha estrutura de creación propia para emprender proxectos teatrias dun xeito independente. Xeramos espectáculos a partir de textos escritos previamente (Raclette, Casa O'Rei...) ou integrando a dramaturxia e a posta en escena nos procesos de creación (A filla de Woody Allen, O mel non caduca...).
Gústanos coidar a dimensión plástica dos traballos, experimentando en cada proposta, para falar de temas que afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non conseguen controlar e que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico.
Onde estivemos
- Dramatica Insania Asturias
- Festival Internacional de Teatro de Manizales (Colombia)
- Mostra de Autores Contemporáneos de Alicante
- Festival Umore Azoka de Leioa (Euskadi)
- Feria de Teatro de Castilla y León Ciudad Rodrigo
- Circuito de La Red de Teatros Alternativos
- Jornadas de Teatro Clásico Distrito San Blas Canillejas Certamen de Teatro Garnacha de Rioja en Haro
- Festival de Teatro Clásico de Alcántara
- Festival Clásicos a la Fresca en Madrid
- Festival Internacional Miguel Torga en Mondim de Basto (Portugal)
- Festival Circular de Madrid
- Mostra Internacional de Teatro 'Mujeres que cuentan' en Ábrego (Santander)
- Mostra Internacional Mim de Sueca (Valencia)
- Festival de Teatro en la Calle de Villanueva de la Serena (Badajoz)
- MIT Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
- FIOT de Carballo
- Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
- FITO Ourense
- Feira de Teatro Galicia Escena Pro
- Noites Teatrais de Vilamarín
- Mostra de Teatro Clásico de Lugo
- Mostra de Teatro Galego de Cariño
- FETEGA Festival de Teatro Galego
Premios
- Premio do Público ao Mellor Espectáculo de Sala na 19 edición da Feria de Teatro de Castilla y León Ciudad Rodrigo por Raclette
- Mención Especial do Xurado no XIX Certamen de Teatro Garnacha de Rioja Haro por Raclette
- Premio María Casares de Teatro 2017 ao Mellor Texto Orixinal para Santiago Cortegoso por Raclette
- Premio María Casares 2013 á Mellor Actriz Protagonista para Marián Bañobre por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios
- Premio María Casares 2013 a Mellor Texto Orixinal para Santiago Cortegoso por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios
- Premio María Casares 2016 a Mellor Vestiario para Marián Bañobre por O Furancho
- Premio Coiro de Pita 2016 a mellor espectáculo da temporada na Sala Ingrávida do Porriño por A filla de Woody Allen
- Premio FETEGA Festival do Carballiño 2016 ao Mellor Espectáculo por O Furancho
- Premio FETEGA Festival do Carballiño 2016 a Mellor Actriz para Isabel Risco por O Furancho
- Premio Teatro Autor Exprés 2016 para Santiago Cortegoso por Raclette
- Premio Mellor Montaxe (escenografía, vestiario, luz e espazo sonoro) no Certame de Teatro Garnacha de Rioja Haro 2018 por Casa O'Rei
- Premio de Teatro María Casares 2019 ao Mellor Actor para Miguel Borines por Casa O'Rei
- Premio de Teatro María Casares 2019 ao Mellor Música Orixinal para Alonso Caxade
- Premio Mellor Actor no Festival de Teatro Galego Celso Parada para Avelino González por O mel non caduca
- Premio de Teatro María Casares 2022 ao Mellor Actor Protagonista para Josito Porto por Smoke on the water
- Premio de Teatro María Casares 2022 ao Mellor Espazo Sonoro para Mon Orencio por Smoke on the water