BIO CONSTRUCIÓN EN LUGO
Descrición
Nunha aldea nun lugar remoto, hai unha parella que deixou o teatro (despois dunha crise creativa) para emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto de vida: construír unha casa ecolóxica, feita coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, nun tempo sen final.
Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea.
En escena: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso.
Música en directo e deseño do espazo sonoro: Macarena Montesinos.
Texto: Santiago Cortegoso.
Dirección: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso.
Asistencia de dirección: Marcos PTT.
Deseño do espazo escénico: Jose Perozo.
Deseño de vestiario: Laura Vidales.
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio.
Movemento escénico: Armando Martén.
Caracterización: Baia Fernández.
Imaxe: Diego Seixo.
Localización
Auditorio Gustavo Freire
- Rúa
- Parque da Milagrosa, Avenida da Coruña s/n
- Cidade
- 27003 Lugo
- Provincia
- Lugo
- País
- España