A personaxe de Deadpan Karaoke conduce o acto de entrega dos Recoñecementos de Escena Galega
Ibuprofeno
O martes 7 de maio ás 20:30 horas tivo lugar na Casa da Cultura do Milladoiro (Ames) o acto de entrega dos II Recoñementos Escena Galega das Artes Escénicas coas que a asociación d destaca a profesionais, entidades e instalacións vencelladas ó sector escénico galego. Organizado por Escena Galega coa colaboración do Concello de Ames e a axencia galega das industrias culturais, o acto estivo conducido pola actriz Marián Bañobre, caracterizada coma o seu personaxe en 'Deadpan Karaoke'. Este ano a peza dos recoñecementos foi obra da ceramista viguesa Esther Quintas.
Nesta segunda edición a asociación recoñeceu a Títeres Cachirulo como Socia de Honra destacando a súa longa traxectoria e traballo na difusión do teatro de obxectos. Entregouse o recoñecemento 'ó compromiso feminista entre caixas' a Fátima Rodríguez da Consultora Promove polo desenvolvemento do protocolo contra o acoso sexual e por razóns de sexo/xénero nas artes escénicas e musicais.
O recoñecmento á traxectoria 'toda unha vida a sachar' foi para Madó Santos, ex-técnica de cultura do Concello de Muros. A Casa Vella de Allariz, promovida e xestionada por Nuria Sotelo e Rubén Vilanova recibiu o recoñecemnento 'do rural ao universal'. O recoñecemnto á 'longa travesía no deserto' foi para a Erregueté (Revista Galega de Teatro) e o recoñecemento 'ás pioneiras da escaleira e do patch' foi para Ana Díaz Calvo, profesional técnica de iluminación e son.
Fotografía de Miguel Lamas