Skip to main content

BIO CONSTRUCIÓN EN GALICIA ESCENA PRO

21 maio 2026
21 maio 2026

A nosa última montaxe, 'BIO CONSTRUCIÓN', poderá verse o vindeiro martes 26 de maio ás 20:30 h no Teatro Principal de Compostela no marco da feira de artes escénicas Galicia Escena Pro, o encontro dos profesionais das artes escénicas que organiza a Axencia Galega das Industrias Culturais e a asociación Escena Galega. 

A edición do 2026 de Galicia Escena Pro terá lugar do 25 ao 28 de maio en Compostela. Ademais de 'Bio Construción' poderán verse tamén os espectáculos: 'Coralinda' de Elefante Elegante, 'Transparentar' de Enésima, 'Diz-me, meu amor' de Raquel Ferradás & María de Vicente, 'Arturo Ui, o ovo da serpe' de Talía Teatro, BenQuerer da compañía de danza Fran Sieira, 'O libro da Selva. O musical' de Artika Cía, 'Oh mammi blue' de Cinema Sticado, 'Alén' de Colectivo Glovo, 'Quema' da Cía. Jacob Gómez, 'Sen Patrón' de Pistacatro Produtora de Soños, 'Voo' de Teatro O Cubo, 'Meu Rei' de Daniel Lezso, 'Miña Pequena' de Constance Hurlé, 'Manual de Patronaxe' de Teatro do Noroeste, 'Ninguén tira fotos nos enterros' de Carlota e Compañía, '52-Blau' de iXa, 'El escondite de la abuela' de La Tartana Teatro, 'Alicia wants to' de Bengala Teatro Físico, 'Mofa&Befa: os dous de sempre' de Producións Teatrais Escénicas e 'Xoguetes rotos' de Barrosanta e Butacazero. 

A programación de Galicia Escena Pro complétase coa presentación dunha ducia de espectáculos en formato pitching: 'Clic' de Culturactiva, 'ComedIA' de Píscore, 'Crónica do rei pasmado' de Contraproducións, 'Curie ou a simetría dos fenómenos físicos' de Empatía Teatro, 'Oh!' de AsSircópatas, 'Vila' de Marcos PTT, 'Abúrrome' de Cía. Marta Alonso, 'CROIX, conferencia bailada' de Paula Quintas Cía, 'Hiranya' de Eva Comesaña, Menos dragqueens e máis ChuNorris' de ALÓproducións, 'Manchas de sangre' de Torta Torta, 'O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger de Tarabela Creativa e 'Ritu' de Nova Galega de Danza. 

Haberá tamén dúas mesas redondas arredor da produción e distribución escénicas. Podes consultar toda a programación AQUÍ

FaLang translation system by Faboba
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar
Gardar