Skip to main content

Santiago Cortegoso imparte un obradoiro de escrita orientada ao teatro documental na Sala Ártika de Vigo

20 abril 2026
20 abril 2026

Do 8 ao 10 de maio Santiago Cortegoso impartirá un obradoiro de escrita orientada ao teatro documental na Sala Ártika de Vigo. O obradoiro ten como obxectivo experimentar ferramentas e descubrir recursos para afrontar procesos de creación dramatúrxica orientados a desenvolver espectáculos que se enmarquen dentro do que denominamos Teatro Documento. 

O obradoiro está dirixido a actrices e actores, creadorxs, directorxs, escritorxs e calquera persoa con interese en coñecer e experimentar proceso de creación dramatúrxica, e terá lugar na Sala Ártika (Avda. Beiramar 113, Vigo) o venres 8 de maio de 16:30 h a 19:30 h e o sábado 9 e o domingo 10 de maio de 10:00 h a 14:00 h. 

Algunhas das claves que se traballarán son: a memoria e os recordos, os procesos de documentación, a reivindicación do pasado para falar do presente, se a autoficción existe: que é exactamente?, a implicación persoal: o íntimo e o político. 

O prezo do obradoiro é de 100 € e pode solicitarse máis información ou formalizar a inscrición no correo electrónico: Este endereço de email está protegido contra piratas. Necessita ter o JavaScript autorizado para o visualizar. ou no teléfono: 667 808 674.

FaLang translation system by Faboba
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar
Gardar