Skip to main content

Presentación de Bio Construción

03 decembro 2025
03 decembro 2025

O pasado luns 1 de decembro presentamos 'Bio Construción' na V Xornada Profesional de Promoción Escénica e Musical organizada por Escena Galega e AGEM. 

O encontro tivo lugar na Casa da Cultura do Milladoiro, na que 15 compañías tivemos ocasión de presentar as nosas propostas en formato showcase. Para dar a coñecer o noso novo proxecto empregamos unha maqueta a escala da escenografía realizada polo escultor e escenógrafo José Perozo. 

'Bio Construción' estrearase o 27 de febreiro de 2025 na Casa da Cultura do Milladoiro. É una peza de medio formato creada a partir do texto homónimo de Santiago Cortegoso, que, entre o surrealismo e o humor absurdo, pretende ser unha reflexión poética sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea.

A peza está dirixida e interpretada por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso. Acompáñaos en escena a violonchelista Macarena Montesinos, que se encarga tamén do espazo sonoro. Con esta proposta seguimos afondando na incorporación da música en directo, explorando todas as súas posibilidades na escena, e da relación cos obxectos para o que contamos coa asistencia na dirección de Marcos PTT e do escultor José Perozo como encargado do espazo escénico. 

Podes completar a información sobre o espectáculo AQUÍ. 

Foto de Marcos PTT

FaLang translation system by Faboba
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar
Gardar