Skip to main content

Asumimos a dirección do VikingDrama da Romaría Viquinga de Catoira

01 abril 2026
01 abril 2026

Neste 2026 asumimos a produción do VikingDrama da Romería Viquinga de Catoira, unha celebración declarada de interese turístico que se remonta ao 1960 e na que se recrean as invasións normandas do século IX.

Na celebración destaca o VikingDrama, unha dramatización do desembarco viquingo nas Torres do Oeste, no que cada ano participan uns 200 veciños da localidade, e que neste 2026 contamos coa honra de asumir. A Romaría Viquinga celébrase na primeira semana de agosto e a dramatización do desembarco ten lugar na mañá do domingo. Nela empréganse dous drakkar, un é unha réplica do Skuldelev 5 -unha embarcación de guerra de finais do século XI- e o outro mestura elementos baseados no Gokstad con deseños inspirados na nave Oseberg, e recibe o nome de Frederikssund -o pobo danés co que Catoira está irmandado dende 1997-.

FaLang translation system by Faboba
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar
Gardar