Reconversión obtén 11 nomeamentos como finalista nos Premios de Teatro María Casares
Ibuprofeno
Estamos moi felices de anunciar que ‘Reconversión’ obtivo once nomeamenteos como finalista nos Premios de Teatro María Casares que outorga a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. A montaxe, que é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión naval na Ría de Vigo, obtivo as seguintes candidaturas como finalistas:
- Mellor espectáculo
- Mellor dirección (Santiago Cortegoso, Carlos Álvarez-Ossorio, Natalia Feijoo)
- Mellor dirección de movemento (Armando Martén)
- Mellor actor protagonista (Santiago Cortegoso)
- Mellor actriz secundaria (Cristina Collazo)
- Mellor actor secundario (Fran Lareu)
- Mellor actor secundario (César Goldi)
- Mellor texto orixinal (Santiago Cortegoso)
- Mellor espazo sonoro (Alonso Caxade)
- Mellor iluminación (Carlos Álvarez-Ossorio)
- Mellor espazo escénico (Pablo Giráldez 'O Pastor')
A gala de entrega dos premios celebrarase o 8 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os outros espectáculos finalistas son: A serie Clopen do Centro Dramático Galego (espectáculo, dirección, dirección de movemento, actriz protagonista, texto orixinal, espazo sonoro, iluminación, espazo escénico, vestiario e maquillaxe), Tromso de Morraoconto (espectáculo, dirección, dirección de movemento, espazo sonoro, iluminación, espazo escénico e vestiario), Un deus salvaxe de Talía teatro (actriz protagonista, adaptación, espazo escénico e maquillaxe), Vitória retrato dunha denuncia de Iria Pinheiro (actriz protagonista, actriz secundaria e texto orixinal), Alta Costura de Elefante Elegante (actriz secundaria e vestiario), Berenguela na gaiola de Galeatro e Xarope Tulú (adaptación e espectáculo infantil), O libro da selva de Ártika Cía (maquillaxe e espectáculo infantil).
Son finalistas tamén: Un tal Romeo de aRamboia (actor protagonista), Os dous de sempre de Producións Teatrais Excéntricas (actor secundario), Mala vida e pior morte de Ricardo III de Excéntricas (actor protagonista), Bibopalula de Ainé e Coa Cabeza nas nubes de SÖA (espectáculo infantil), A Biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica de Tanxarina, Castelao, un corazón á intemperie de Fantoches Baj e Gabinete Miralilia de Pablísimo (espectáculo de Monicreques) e A metamorfose de Sarabela Teatro (adaptación).