BIO CONSTRUCIÓN
-
Dirección
Marián Bañobre, Santiago Cortegoso -
Autoría
Santiago Cortegoso
ESTREA: 27 E 28 DE FEBREIRO - CASA DA CULTURA DO MILLADOIRO (AMES)
Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cun compromiso inquebrantable.
Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea.
En escena: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso.
Música en directo e deseño do espazo sonoro: Macarena Montesinos.
Texto: Santiago Cortegoso.
Dirección: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso.
Asistencia de dirección: Marcos PTT.
Auxiliar de dirección: Gloria Punzano.
Deseño e realización do espazo escénico: Jose Perozo.
Deseño e realización de vestiario: Laura Vidales.
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio.
Movemento escénico: Armando Martén.
Caracterización: Baia Fernández.
Imaxe: Diego Seixo.