Skip to main content

Santiago Cortegoso imparte un curso de escrita teatral na USC

26 febreiro 2026
26 febreiro 2026

Durante o mes de marzo Santiago Cortegoso impartirá un curso de escrita teatral dentro dos monográficos de artes escénicas que organiza a Universidade de Santiago de Compostela. Todos os obradoiros impartiranse na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (campus Vida). 

O obradoiro de escrita teatral será os días 17, 18, 24, 25 e 26 de marzo. A oferta formativa complétase con dous obradoiros impartidos por Roberto Salgueiro, un de Iluminación escénica (6, 7 e 8 de marzo) e outro de Dirección Escénica (10, 11 e 12 de abril). A actriz Rebeca Montero impartirá un de Interpretación (12, 13, 14 e 15 de marzo) e An González un sobre o emprego dos view points no traballo escénico (17, 18 e 19 de abril).

Tes toda a información sobre horarios, prezos e inscrición AQUÍ.

FaLang translation system by Faboba
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar
Gardar