Skip to main content

Deadpan Karaoke en Granada e Segovia

02 marzo 2026
02 marzo 2026

A montaxe Deadpan Karaoke poderá verse nos vindeiros días en Granada e Segovia. O mércores 4 de marzo presentarase no Teatro Alhambra de Granada con dobre función, unha para grupos escolares ás 11:00 horas e outra para público xeral ás 20:00 horas. O venres 6 de marzo a montaxe estará no Teatro Juan Bravo de Segovia, con función ás 20:30 horas. 

Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, e que trata de dar resposta á pregunta: É posible o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos? A montaxe recibiu o Premio María Casares ao Mellor Espazo Sonoro (Mónica de Nut) e á Mellor Maquillaxe (Baia Fernández) e forma parte do catálogo de espectáculos recomendados por Camiño Escena Norte. 

 

 

FaLang translation system by Faboba
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar
Gardar